O cole viñeron a contarnos un pouco do seu traballo un par de axentes forestais. Serviunos a charla para coñecer o seu traballo e para concienciarnos un pouco máis da necesaria proteción do noso monte.
O seguinte paso é ir o Monte a finais de febreiro para reforestar unha pequena zona en Coruxo. Se hai posibilidade tamén nos ensinarán o funcionamento dun camión motobomba empregado para a extinción de incendios.
Repartición do traballo:
Valentín e Borja: Saída ao monte para repoboación.
Álvaro e Iván: O monte é vida (a última parte, a de deportes extremos, non)
Sergio: Deportes extremos no monte (día 1)+día 2 ata xestión e control cinexético.
Jose: da presentación do día 2 dende protección do patrimonio cultural ata prevención e extinción de incendios.