Tomando este verso de Rosalía de Castro do deu poema “Campanas de Bastabales”, podemos pensar que así se sente a nosa terra e as nosas xentes.
Xentes que pasaron un longo domingo preocupadas por elas e polos seus veciños. Preocupadas polos veciños e preocupadas por familiares que noutras zonas de Vigo e a súa comarca estaban tamén a loitar contra o lume.
Lume ao que Galicia e os galegos por desgracia están acostumados, pero non desta maneira, non con esta magnitude, asolando montes e cidades.
O ceo galego está agora a chorar polo o que desde alí arriba viu, polo que agora ve. Verde Galicia agora de luto, negra como o carbón. Cando o home aprenderá a coidarte e valorate?
Porque actos como os vividos non poden tolerarse, aprendamos todos e vos, xeración futura, non repitades o que co voso legado se fixo.
Se algo temos que sacar de bo do acontecido, é que en situacións extremas, a solidariedade humana é inmensa.